Biscotes multicereais

Ofrece esta variedade que aglutina os beneficios que achegan os diferentes cereais:

-Orxo: é reconstituínte, dixestiva, activa o fígado; conveniente para as persoas nerviosas e para subir a tensión. É depurativa, diurética e remineralizante. Tónica cardíaca. rica en calcio, potasio e fósforo

-Avea:
é rica en proteínas, de alto valor biolóxico, hidratos de carbono e un gran número de vitaminas, minerais e oligoelementos. É o cereal de maior porcentaxe de graxa vexetal: o 65% é de acedos insaturados e o 35% de acedo linoleico.

-Millo miúdo (mijo): cereal de cor amarelada, gran pequeno, redondo e de sabor doce. Rico en fósforo, ferro, vitamina A e lecitina. Ideal para combater a fatiga intelectual, depresión nerviosa, anemia e regula o nivel de azucre en sangue.

-Lino: A semente de liño contén gran cantidade de fibra soluble (pectinas e mucílagos) e un aceite rico en acedos graxos insaturados, que favorecen o tránsito intestinal e a súa mucosa.

-Sésamo:
Os elementos máis importantes que contén son aceites, proteínas e amidón, con compoñentes como o sesamol (antioxidante).

-Centeo:
rico en potasio e sílice. É un excelente fluidificador sanguíneo. Flexibiliza os vasos e é recomendable nos casos de hipertensión, arterioesclerosis e enfermidades vasculares en xeral.

Valores enerxéticos por 100 gr. 385 kcal (1635 kJ)
Proteinas 12 gr
Glucidos 68 gr
Lípidos 7,5 gr
Fibra 6,29 gr
Colesterol inapreciable

Valores enerxéticos por torrada 58 kcal (253 kJ)
Proteinas 1,86 gr
Glucidos 10,6 gr
Lípidos 1,17 gr
Fibra 0,91 gr
Colesterol inapreciable

Ingredientes:

Fariña de trigo.
Fariña de multicereais.
Sementes multicereais:
orxo, avea, centeo, millo miúdo, liño, sésamo.
Graxa vexetal non hidrogenada.
Glute de trigo.
Lévedo.
Sen azucre engadido.

 

proxecto fiare galiza