Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa // 25 de Maio 2014

Estimadas socias

Como en anos anteriores, o Consello Reitor convoca a todas as socias da cooperativa para unha Asemblea Ordinaria co obxectivo de informar da marcha da cooperativa, tanto a nivel económico como informar de outros traballos que se desenvolven dende as comisións e o Consello Reitor. Nesta ocasión, toca a renovación do propio Consello Reitor.

Lugar: Local social da S.V.C.D. Nautilus (desestimouse a outra posibilidade pola posibilidade de choiva): http://goo.gl/maps/3agc2

Sairá algún vehiculo privado do local da cooperativa antes da Asemblea por se alguén o precisara.

Data: 25 de maio do 2014

Hora: Primeira convocatoria: 10:30h / Segunda convocatoria: 11:00h
14:00h-16:00h Xantar popular. A organización da Asemblea levará bebidas e pinchos, tamén estaría moi ben que traiades xantar e poder degustar das vosas creacións culinarias.

Contaremos coa compaña de músicos que nos acompañaran despois da Asemblea.

Transportes públicos: Liña 20 de Vitrasa.

No caso de que queirades traer ás vosas nenas, e precisedes dalgún servizo ou axuda, agradeceríamos que vos puxerades en contacto connosco en info@arbore.org ou 986233497 para poder planificalo mellor.

 

proxecto fiare galiza