Asemblea Xeral da cooperativa. Decembro 2013

Boas!

O vindeiro Sábado, 14 de Decembro, celebraremos a Asemblea Xeral de Árbore (a segunda deste ano, como ven sendo habitual, organizase unha en Maio e outra en Decembro, na de Maio trátanse temas máis relacionados coa aprobación de contas e a xestión, e na de Decembro debátese sobre outros asuntos, en concreto neste ano, está especialmente centrada na modificación de Estatutos da Cooperativa).

A asemblea nesta ocasión, farémola no local social da S.V.C.D. Nautilus (enlace á esta localización), comezará ás 17:00h e rematara ás 20:00h aproximadamente. A continuación, serviremos a merenda cunhas empanadas e bebidas servidas pola S.V.C.D. -Adxuntamos horarios da L20 que é a que pasa máis preto do centro-

Recibiredes en breve a convocatoria coa orde do día, tanto por correo electrónico como por correo ordinario. Esta convocatoria completarase con algunha información adicional nos vindeiros días por correo electrónico. Se non recibides a convocatoria ou precisades algunha aclaración, podedes escribir a info@arbore.org e intentaremos atendela á maior brevidade posible.

Atentamente

O Consello Reitor

AdxuntoTamaño
horarios_l20.pdf57.93 KB

 

proxecto fiare galiza