As patacas

As súas proteínas teñen un alto valor biolóxico, nunha proporción adecuada para favorecer o crecemento.

É unha gran amiga do estómago, polo seu efecto antiácido e a súa consistencia física que reduce a necesidade de traballo dixestivo por parte do estómago.
É un sedante natural, xa que contén diacepam, contribuíndo á relaxación local do estómago. Por isto está moi recomendado en casos de dixestión dificil e estómagos delicados.
Ó ser un alimento baixo en graxas e en sodio veñen moi ben para as afeccións cardiovasculares e ó ser tan ricas en potasio contribúen a reducir a hipertensión arterial.
As patacas alcalinizan o sangue, favorecendo a eliminación de sustancias tóxicas acedas. Deste xeito alivian o traballo dos riles.
Conteñen hidratos de carbono complexos, que se transforman en glicosa de forma lenta, isto fai que na súa medida correcta, non provoquen aumentos bruscos do nivel de glicosa en sangue, por iso son ben toleradas polos diabéticos.

É un alimento moi completo, moi recomendado en casos de desnutrición.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.60%
Minerais- 0.890%
Hidratos de carbono- 16.4%
Graxa- 0.100%
Proteinas- 2.07%
Auga- 79.0%

1) COCIÑADAS Ó VAPOR: É a forma ideal de consumir patacas, asi pois conservan mellor os seus nutrientes. Se non son ecolóxicas é preferible pelalas pola culpa da contaminación que absorve a súa pel. (en ECOENVIO só atoparalas de cultivo ecolóxico garantido!)
2) FERVIDAS, soas ou con verduras.
3) ASADAS Ó FORNO, acompañadas ou non de cebolas ou pementos.
4) FRITIDAS: É a forma menos saudable para consumilas.
5) ZUME CRU: Úsase como antiácido. Unha culleradas sopeiras son dabondo para aliviala acidez de estómago, antes das comidas.

 

proxecto fiare galiza