As fabas

A humanidade leva varios milenios consumindo fabas, probalemente sexa uns dos cultivos mais antigos. As fabas tenras conteñen unha considerable proporción de proteínas de boa calidade biolóxica, hidratos de carbono en forma de almidón e apenas graxas.
O ferro é o mineral mais abundante nas fabas, case tanto coma a carne. Recoméndanse en casos de anemia, asi coma as embarazadas, adolescencia, deportistas e na covalecencia de enfermidades infecciosas ou de intervención quirúrxicas.

Por cada 100 gr:
H. de Carbono: 7,50%
Graxa: 0,60%
Fibra: 4,20%
Proteinas: 5,60%

1) CRÚAS: Así consúmense cando están tenras inda que non sempre son ben toleradas. Convén desfacerse da pel, que pode causar flatulencias e trastornos dixestivos.
2) COCIÑADAS: É a forma mais recomendable de consumilas fabas, un corto fervor fainas pefectamenete dixeribles.
3) SECAS: O desecado é o proceso tradicional para conservalas. Inda que con el pérdense unha boa parte da súa riqueza vitamínica (non mineral). Requieren eso si un tempo de cocción prolongado.

 

proxecto fiare galiza