As cooperativas de consumo ecolóxico

As cooperativas ecolóxicas son empresas formadas por persoas que queren adquirir alimentos ecolóxicos producidos baixo uns parámetros adecuados de calidade no eido social, ambiental e do propios do producto. Esta modalidade de consumo está a experimentar un auxe en Galicia e xa son perto de 1.000 familias galegas as que están asociadas a este tipo de cooperativas, cuxa filosofía é o rexeitamento de todolos alimentos que foron producidos a través da industrialización. Pero non só iso, os productos ecolóxicos de por sí están a experimentar un auxe neste e noutras modalidades de disitribución no resto do mundo.

Froitas ecolóxicas na mesa

Até 12 organizacións ecolóxicas asentanse en Galicia e con boas expectativas de seguir crecendo. Dada a crecente conciencia ecolóxica e o respecto polo meio ambiente, esta cifra será máis significativa nos proximos anos. Cada cooperativa adoita estar formada por unha media de 60 familias, existe un trato directo entre labrega e consumidor para evitar intermediarios e lograr que o prezo dos alimentos sexa, polo menos, igual que o prezo que ofrecen os produtos que se desenvolven de forma industrial.

O auxe da alimentación ecolóxica vai en aumento, sobre todo cando se pretende constituír unha nova cooperativa ecolóxica. Os alimentos ecolóxicos son cada día máis valorados, pero tamén buscase o modo de evitar pagar prezos desfasados por eles, evitar intermediarios é unha boa opción.

Hai que dicir que os produtos ecolóxicos non son máis caros que os convencionais, isto contradice frontalmente a falsa creenza popular, pero varios estudos o respecto, entre eles o do Grupo Guadalhorce, confirman este feito. O estudo recolle prezos de produtos como froitas e verduras, dalgunhas cadeas de supermercados e comparaos cos prezos dos mesmos produtos, pero neste caso producidos de forma ecolóxica.

Segundo o informe ofrecido polo Grupo Guadalhorce, na maioría das ocasións os alimentos ecolóxicos eran máis baratos, xa que a cadena comercial evitaba aos intermediarios, e a relación directa entre consumidor e labrega soía ser a dinámica habitual. Sen intermediarios parece obvio que os prezos reducense e pódese acceder a unha alimentación máis saborosa e saudabel, como a que proporciona a alimentación ecolóxica.

As cooperativas ecolóxicas tentan prover de todo tipo de alimentos aos consumidores de produtos ecolóxicos. A idea é conseguir abastecerse de forma que non sexa necesario acudir a mercar a ningún outros sitio, algo que parece que algunhas cooperativas conseguiron, como por exemplo, nós, Árbore.

O fenómeno das cooperativas ecolóxicas é máis habitual e visible nas cidades, xa que no rural ou nas vilas hai máis facilidades para obter produtos ecolóxicos directamente das labregas. Nós, as cooperativas de consumo perfilamonos como a opción máis viable para gozar dunha alimentación ecolóxica sen ter que pagar un prezo elevado.

 

 

proxecto fiare galiza