Temos un FORO dixital

Dende Árbore procurando da máxima participación das socias, presentamosvós este FORO. Nel iranse plantexando diferentes debates e reflexións sobre a cooperativa a nivel tanto societario, como social e político.

Se non te acordas do teu login e o teu password, tes que enviar un correo a info@arbore.org indicando o teu nome e número de socia.

Para entrar na parte privada da web:

http://www.arbore.org/user

Asemblea Xeral de Árbore o 11 de decembro

FOTOS ANO PASADO

DATA: Sábado, 11/12/10

HORA: 17:00h en primeira convocatoria e ás 17:30h en segunda. Ás 20:00 h. Cea árboreana.

LUGAR: Centro cívico de Teis. Rúa Camiño de maceiras, s/n. A ubicación exacta estará exposta na tenda e na nosa páxina web.

Procuramos dunha persoa para a Comisión da Horta

Dende a Comsión da Horta de Árbore faise un chamamento para incorporar unha persoa a equipa de cultivo.

A horta está situada no Freixo en Sárdoma. Cultivamola de forma ecolóxica dende o ano 2004.

Nestes momentos procuramos dunha persoa con certa experiencia, seria, responsable e con compromiso para cultivar. É unha Comsión auto-xestionada onde se reparte o cultivado. Non é un traballo nin se remunera de ningunha maneira. Se che interesa, envía un mail a info@arbore.org

Se o que queres é investigar, aprender e intercambiar, nos seguintes links atoparas o que procuras:

Nova bolsa da cooperativa

Despois das opinións das socias, a próxima bolsa da cooperativa será a opción A.
Estarán no mes de febreiro, xa que aínda temos das vellas.
A socia gañadora da bolsa é a número 18.

Recordar que a bolsa é de algodón orgánico, de comercio xusto e ademáis as tintas de impresión son non tóxicas.

bolsa arbore opcion-a
Opción A

Xa podes mercar a túa rifa de Nadal

Coma xa vendo sendo tradición na cooperativa, xa podes mercar a túa rifa de nadal.
Por un euro, sorteamos unha bonitiña cesta de productos ecolóxicos.

rifa nadal

O documental HOME xa na cooperativa

Documental Home

Xa podemos desfrutar do precioso documental HOME na biblioteca de Árbore.

Novo libro na biblioteca da cooperativa

A partir do luns 11 de outubro xa podes coller na biblioteca da cooperativa o noso último libro:

El placer de obtener tus semillas - La Fertilidad de la Tierra

Esperemos que o disfrutedes.

Xa podes atopar a nova folliña mensual

Cun novo deseño e con máis contidos, xa podes atopar a folliña tódolos meses na cooperativa.

folliñafolliña de setembro

 

 

proxecto fiare galiza