Conclusións da Xornada de Reflexión

Xa podes atopar na parte privada de arbore.org as conclusións da xornada de reflexión no eido económico. Co borrador de propostas organizarase unha comisión para pulir e traballar unha proposta base para ser aprobada (se corresponde) na Asemblea Xeral de Maio.

Comunicados tralo desastre natural e o accidente nuclear de Xapón

Adxuntanse comunicados dos proveedores (NATURSOY e FINESTRA) polo desastre natural e nuclear en Xapón do mes de marzo, facendo referencias aos productos de orixe nipona.

A estevia volve a cooperativa o mes que ven

Despois do inverno, en breve, nunhas tres semanas, voltarán as prantiñas de estevia a cooperativa. Podes reservar a túa no correo-e pedidos@arbore.org

A enerxía nuclear a debate

O local de Amigos da Terra, na rúa Policarpo Sanz nº 17 1ºD, acollerá este venres, a partir das 19.30 horas, unha nova tertulia ambiental. Nesta ocasión, o tema a debater serán os pros e contras da enerxía nuclear, un tema de candente actualidade tras o grave accidente da central nuclear de Fukushima, en Xapón.

En Fukushima Daichii, produciuse o segundo accidente máis grave da historia nuclear mundial tras o de Chernobil. A situación actual é crítica, dada a fuga radioactiva xa detectada a centos de km. da central.

Árbore faise socia de AIS O Peto, asociación por un aforro solidario

Seguindo a liña de actuación da cooperativa
(socia de Fiare Banca Ética, socia fundadora de Coop57 GZ, investindo os excedentes en Coop57), o Consello Reitor de Árbore decidiu que sexamos socias da Asociación polo Interés Solidario, O Peto.

¿Que é "O Peto"?

Xornadas de Reflexión Política: Pensando Árbore

A xornada será o día 27 de marzo na Casa da Cultura de Gondomar.

A documentación final xa está na parte privada de arbore.org

O horario da xornada é de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00.
Quedamos ás 10.15 en Árbore como punto de encontro e de partida.

Para o xantar, cada quen levará comida para compartir cas demáis socias e socios.

Sementeira de primavera

Prepara o sementeiro para primavera, dende Árbore presentamoste as variedades para esta época:

              *  calabacín
              *  melón malagueño
              *  melón piel de sapo
              *  pepino India
              *  pepino país

Árbore invirte os seus aforros na banca ética

O Consello Reitor de Árbore decidiu invertir en COOP57 seus aforros. Así faise efectiva a consideración por parte de varias socias na Asemblea Xeral da cooperativa, na que demandaban que os cartos da cooperativa estivesen na medida do posible en circuitos solidarios, alternativos ao sistema bancario actual.

Ademáis, tal como informamos o mes pasado, Árbore fixose socia de Fiare - Banca Ética.

Consello Reitor extraordianrio: plano de xestión

Este luns temos Consello Reitor extraordinario sobre o plano de xestión.

Será ás 21.00 no local da cooperativa.

Orde do día:

1. Plano de xestión 2011: obxetivos, liñas estratéxicas e accións a executar.

Se queres participar pide a documentación, indicando teu número de socia, en info@arbore.org

Árbore financia inversión a través dunha entidade solidaria, AIS O Peto

Vimos de ser apoiados durante o último trimestre por AIS O Peto na financiación de diversas inversións que fixemos. Dende Árbore queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a esta asociación polo interese solidario.

 

proxecto fiare galiza