Son socia da cooperativa,
Ben, o caso é que unha persoa me trouxo unhas poucas pipas de xirasol dende Bielorrusia.
Tamén, segundo a bibliografía, o xirasol cultivado nos países do Leste é moito máis melífero (productor de nectar e, polo tanto, de mel) que o noso.
Pero eu agora xa non teño abellas, nin terras onde o sementar.
Así que, se a alguén lle interesa botar un rego de xirasois (non da para moito máis pero é, máis que nada, para que non se perda a caste), que contacte en info@arbore.org
E aproveito para vos saudar cordialmente.