Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa 2012 / 10 Xuño /

A ASEMBLEA CELEBRARASE EN ABERTAL (RÚA VENEZUELA, 3) POR PRONÓSTICO DE CHOIVA.

PRIMEIRA CONVOCATORIA: 10:30H

SEGUNDA CONVOCATORIA: 11:00H

 

A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase o Domingo 10 de Xuño no Muiño do Severo (Cabral). Aínda que o usual é celebrala no último Domingo de Maio, decidiuse adiala para preparala axeitadamente.

Presentaranse as contas do 2011 e os orzamentos para o 2012, ademais dos informes das distintas comisións e outros temas de importancia para a cooperativa. Por outro lado, nesta Asemblea farase un Recoñecemento Social a dúas socias especialmente queridas por todas nos: Agatha Broeskamp e Xosé Gundin.

ÁRBORE PECHA POR FOLGA XERAL

ÁRBORE PECHA POR FOLGA XERAL

 

E a gañadora é...

Con tres días de demora, celebrouse unha vez máis o fantástico sorteo da cesta de Árbore deste ano, o número gañador nesta ocasión é o:

02958

Noraboa a persoa premiada coa cesta deste ano, que se poña en contacto connosco antes de vir a recollela.

Saudos!!

Grupo de consumo de SOJAMATIC

¿Qué é un grupo de consumo?

É un grupo de socias/os con intereses comúns en certos productos, pero que por problemas de espazo non se poden ter na cooperativa.

¿Que vantaxes ten facerme dun grupo de consumo?

Xa podes pedir as túas compras mensuais en formato dixital

Se eres socia e desexas recibir no teu correo-e as túas compras mensuais, só tes que darte de alta no correo-e info@arbore.org indicando teu número de socia e nome. (tes tamén que confirmar a validez do correo-e rexistrado na nosa Base de Datos)

A partir deste momento recibirás tódolos meses (na primeira semana do mes) as túas compras mensuais en formato dixital (en formato taboa e pdf).

O obxetivo é dobre:

1. Por un lado, ofrecer un novo servizo as socias.
2. Por outro lado, aforrar papel: pensamos que se tes as compras en formato dixital pode ser posible prescindir do formato papel.

Tanquián presenta a súa páxina web

Deixamosvós o link da nova páxina web de Emmily de Tanquián, a nosa productora de conservas ecolóxicas "Tutta Fruta"

http://tanquian.es/es/

http://www.arbore.org/conservas-galegas-e-ecoloxicas-tuta-fruta

Non saben a nada pero teñen un aspecto magnífico

"Non saben, pero teñen un aspecto magnífico"

Procuranse terras na comarca

Socia de Ábore,‭ ‬xunto con dúas compañeiras máis,‭

buscamos:

Terreo‭  ‬(en cesión‭)‬ no municipio de Vigo,‭ ‬preferentemente próximo á cidade,‭ ‬para iniciar un proxecto de‭ ‬horta ecolóxica

Se tes algunha información,‭ ‬agradecémosche que nola fagas saber:

marta:‭ ‬martghal@yahoo.com.br

eva‭: ‬68.7663015

Precisamos bolsas

A cooperativa Árbore é pioneira na reciclaxe de bolsas para a compra diaria das socias e das clientes. Máis iso depende das socias e das clientes que traen as bolsas para un novo uso. Por todo isto e ante o descenso da actividade neste senso, dende a cooperativa facemos un chamamento para que a xente traia as súas bolsas da casa, tanto para a compra como aquelas que lle sobran e cede solidariamente.

Carrefour: pioneira na retirada das bolsas de balde?

 

proxecto fiare galiza