Transxénicos para os pobres.

No territorio español prodúncese gran parte dos alimentos ecolóxicos que se consumen na Unión Europea, inda que  a maior parte deles expórtanse a países máis ricos como Francia, Bélxica ou Alemania. Curiosamente, o alto e crecente grado de concienciación dos productores ecolóxicos deste pais contrasta coa gran aceptación por parte do sector agropecuario industrial no referento aos transxénicos.

ILP contra a incineración

Dende mediados de xullo está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas.

Axuntamos o texto da ILP que se podera firmar na nosa cooperativa en breve (en caso de querer recoller sinaturas para esta iniciativa, podedes poñervos en contacto coa organización da mesma).

ASEMBLEA XERAL 10 DE XUÑO, MUDAMOS O LUGAR DE CELEBRACIÓN

POR MOTIVO DAS PREVISIÓNS DE CHUVIA PARA O DOMINGO 10 DE XUÑO, DECIDIUSE CELEBRAR A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE 2012 NO LOCAL DE ABERTAL, RÚA VENEZUELA, 3.

PRIMEIRA CONVOCATORIA: 10:30H

SEGUNDA CONVOCATIRA: 11:00H

NON SERÁ PRECISO TRAER MESAS NIN SILLAS, MANTENSE O HORARIO DE ACTIVIDADES POLA MAÑÁ, É PROBABLE QUE POLA TARDE SE ADIENTE O HORARIO DAS ACTIVIDADES.

 

Saúdo

Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa 2012 / 10 Xuño /

A ASEMBLEA CELEBRARASE EN ABERTAL (RÚA VENEZUELA, 3) POR PRONÓSTICO DE CHOIVA.

PRIMEIRA CONVOCATORIA: 10:30H

SEGUNDA CONVOCATORIA: 11:00H

 

A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase o Domingo 10 de Xuño no Muiño do Severo (Cabral). Aínda que o usual é celebrala no último Domingo de Maio, decidiuse adiala para preparala axeitadamente.

Presentaranse as contas do 2011 e os orzamentos para o 2012, ademais dos informes das distintas comisións e outros temas de importancia para a cooperativa. Por outro lado, nesta Asemblea farase un Recoñecemento Social a dúas socias especialmente queridas por todas nos: Agatha Broeskamp e Xosé Gundin.

ÁRBORE PECHA POR FOLGA XERAL

ÁRBORE PECHA POR FOLGA XERAL

 

E a gañadora é...

Con tres días de demora, celebrouse unha vez máis o fantástico sorteo da cesta de Árbore deste ano, o número gañador nesta ocasión é o:

02958

Noraboa a persoa premiada coa cesta deste ano, que se poña en contacto connosco antes de vir a recollela.

Saudos!!

Grupo de consumo de SOJAMATIC

¿Qué é un grupo de consumo?

É un grupo de socias/os con intereses comúns en certos productos, pero que por problemas de espazo non se poden ter na cooperativa.

¿Que vantaxes ten facerme dun grupo de consumo?

Xa podes pedir as túas compras mensuais en formato dixital

Se eres socia e desexas recibir no teu correo-e as túas compras mensuais, só tes que darte de alta no correo-e info@arbore.org indicando teu número de socia e nome. (tes tamén que confirmar a validez do correo-e rexistrado na nosa Base de Datos)

A partir deste momento recibirás tódolos meses (na primeira semana do mes) as túas compras mensuais en formato dixital (en formato taboa e pdf).

O obxetivo é dobre:

1. Por un lado, ofrecer un novo servizo as socias.
2. Por outro lado, aforrar papel: pensamos que se tes as compras en formato dixital pode ser posible prescindir do formato papel.

Tanquián presenta a súa páxina web

Deixamosvós o link da nova páxina web de Emmily de Tanquián, a nosa productora de conservas ecolóxicas "Tutta Fruta"

http://tanquian.es/es/

http://www.arbore.org/conservas-galegas-e-ecoloxicas-tuta-fruta

 

proxecto fiare galiza