Xa podes recoller o teu carné de socia na cooperativa

Árbore lanza o seu boletín mensual

A folla do árbore

Dende Árbore, vimos de traballar na elaboración deste boletín mensual, onde poderás atopar, diferentes cousas relacionadas coa cooperativa:

Volve o anacardo de Comercio Xusto

Carta explicativa de tal feito:

¿ E se nos intercambiamos coñecementos?

Arbore crea unha rede de Intercambios Recíprocos de Coñecemento !

Obradoiro de cociña vegana


OBRADOIRO DE COCIÑA VEGANA
SÁBADO 12 DE DECEMBRO
11 DA MAÑÁ
NA COVA DOS RATOS (RÚA ROMIL Nº3)

- Cociña, nutrición e meio ambiente.
- Se queres particiar ou propoñer algo, contanos.
- Os gastos os cubrimos con  bote á vontade.

Arbore cambia de cores

Para logo das vacacións, a cooperativa reviste novas cores. Alex esta traballando para dar unha nova imaxe á tenda.

Pronto poderás ver un muro diferente.

Temos un ponto de cesión!!


Arbore ten un ponto de cesión.

Porque reutilizamos as cousas antes de tiralas ó lixo.

Para reducir a dependencia do mercado convencional ó xestionar nós mesmas as nosas pertenzas, prolongando a súa vida.

Porque un obxecto inútil para ti, pode ser útil para outra persoa.

Podes coller ou deixar algo: roupa, xoguetes, libros, CDs...

Tódolos días na cooperativa.

ÁRBORE FAISE ECO DOS SUCESOS NO PORTO DE MASSO

Árbore faise eco dos sucesos de este luns en Masso, durante a manifestación de Galiza non se vende.

 Adxuntamos o comunicado de GNSV.

ASAMBLEA ORDINARIA 2009 DA COOPERATIVA

Como socio da cooperativa e como membro do Consello Rector que a organizou, só quero agradecer a tod@s os e as participantes a vosa presencia na Asamblea.

Subiremos algunhas fotos da parte matinal da mesma, pero mentras non están localizadas, aquí vos deixo algunhas do bo ambente que había pola tarde.

(Desculpade o despiste. Xa estaban subidas outra tanda de fotos de toda a xornada que poderes re-consultar na sección de Media/Fotos/Fotos Asamblea xeral 2009.)

Saúdos.

Xavi.

 

proxecto fiare galiza