Asemblea Xeral da Cooperativa / Domingo 19 ás 10:30h

Como tódolos anos, o Consello Reitor convoca a Asemblea Ordinaria da cooperativa co obxectivo de informar da marcha da cooperativa, e presentar as contas do ano 2015 e orzamentos do 2016 para a súa aprobación.

Lembrade que se non vos é posible asistir podedes delegar o voto cubrindo o documento que tedes ao final da páxina.

CONVOCATORIA para cubrir posto de traballo en Árbore

Bo día

Axuntamos documento de convocatoria do proceso de selección para ocupar un posto de dependenta na tenda da cooperativa.

O prazo para a entrega de currículos remata o vindeiro 25 de Abril (incluído).

Unha aperta
A comisión temporal de contratación

Invitámoste a compartir SoÑoS // Árbore, 20 de Febreiro 12h

Invitámoste a compartir SoÑoS en Árbore .

Falaremos, tocaremos e tomaremos un piscolabis :) na vosa trastenda.

Unha maña de sábado entre sabas. 

Esperamos que che apeteza vir. 

Saúde!!!

Nova xuntanza para organizar o XV aniversario da cooperativa // Árbore, 18 Febreiro 20h

A Comisión Social da Cooperativa convoca unha nova xuntanza para seguir organizando o XV Aniversario da Cooperativa neste ano 2016.

 

Xoves, 18 de Febreiro ás 20h no local da cooperativa.

 

Saúdo!

A Comisión Social

 

Novo mercado na Coruña, Mercado de San Agustín

[Información enviada pola organización]


"Bo día...

Convocatoria Asemblea Constituínte SPG-Suroeste

Despóis dun ano e pico de reunións de preparación e autoformación, o grupo de traballo do SPG temos a ledicia de convocar a Asamblea Constituínte do SPG Galiza
Sudoeste para o domingo día 9 de agosto no novo local social de Árbore, en López Mora 30, dando comezo en convocatoria única a partir das 10:30 h.

Libros para transformar a realidade / 16-17 Xuño / Local Árbore

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.
- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

Asemblea Ordinaria de Árbore / 7 de Xuño

O vindeiro Domingo 7 de Xuño celebrarase Asemblea Xeral Ordinaria da Cooperativa no novo local da Rúa López Mora, 30 baixo.

Enviouse a convocatoria e outra información de interese a través de correo as socias da cooperativa. Se precisades aclaracións ou máis información ao respecto podedes contactar connosco en info@arbore.org

Unha aperta. O Consello Reitor da Cooperativa

PECHAMOS tenda en Arquitecto Pérez Bellas, 5... Venres 8 de Maio

Bo día

Hoxe as 20:30h pecharemos no actual local da cooperativa. Mañá iniciaremos a mudanza e agardamos abrir o vindeiro xoves 14 de Maio en Lopez Mora, 30. Actualizaremos puntualmente a información de apertura na web e por correo electrónico ás socias da cooperativa.

Entre mañá, sábado 9, e o vindeiro mércores 13 (incluídos), a tenda da cooperativa estará pechada.

Tamén, para o venres 15 pola tarde estase a preparar a inauguración, seguiremos informando.

 

proxecto fiare galiza