Mercado de téxtil / La Canalla, Xiro, Cestola, 10 de Decembro

O vindeiro sábado 10 de Decembro en horario de 10:30 a 14:00h teremos a visita no local da cooperativa de varios proxectos locais de téxtil sostible, orgánico e ético.

Son La Canalla, Xiro e Cestola na Cachola.

Evento en Facebook para compartir

Obradoiro de elaboración de cervexa artesá / Árbore 15 aniversario / 19 de AGOSTO

 
O CURSO FOI APRAZADO ATA O 19 DE AGOSTO
arbore 15 aniversario
 Querida/o socia/o

 

Asemblea Xeral da Cooperativa / Domingo 19 ás 10:30h

Como tódolos anos, o Consello Reitor convoca a Asemblea Ordinaria da cooperativa co obxectivo de informar da marcha da cooperativa, e presentar as contas do ano 2015 e orzamentos do 2016 para a súa aprobación.

Lembrade que se non vos é posible asistir podedes delegar o voto cubrindo o documento que tedes ao final da páxina.

CONVOCATORIA para cubrir posto de traballo en Árbore

Bo día

Axuntamos documento de convocatoria do proceso de selección para ocupar un posto de dependenta na tenda da cooperativa.

O prazo para a entrega de currículos remata o vindeiro 25 de Abril (incluído).

Unha aperta
A comisión temporal de contratación

Invitámoste a compartir SoÑoS // Árbore, 20 de Febreiro 12h

Invitámoste a compartir SoÑoS en Árbore .

Falaremos, tocaremos e tomaremos un piscolabis :) na vosa trastenda.

Unha maña de sábado entre sabas. 

Esperamos que che apeteza vir. 

Saúde!!!

Nova xuntanza para organizar o XV aniversario da cooperativa // Árbore, 18 Febreiro 20h

A Comisión Social da Cooperativa convoca unha nova xuntanza para seguir organizando o XV Aniversario da Cooperativa neste ano 2016.

 

Xoves, 18 de Febreiro ás 20h no local da cooperativa.

 

Saúdo!

A Comisión Social

 

Novo mercado na Coruña, Mercado de San Agustín

[Información enviada pola organización]


"Bo día...

Convocatoria Asemblea Constituínte SPG-Suroeste

Despóis dun ano e pico de reunións de preparación e autoformación, o grupo de traballo do SPG temos a ledicia de convocar a Asamblea Constituínte do SPG Galiza
Sudoeste para o domingo día 9 de agosto no novo local social de Árbore, en López Mora 30, dando comezo en convocatoria única a partir das 10:30 h.

Libros para transformar a realidade / 16-17 Xuño / Local Árbore

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.
- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

 

proxecto fiare galiza