
Nerea Pereira-. A cooperativa, pioneira na Galiza, agrupa xa a 290 familias e serve de espello a unha necesaria revolución alimentaria.
Árbore cumpre 9 anos coa satisfacción de multiplicar por dez o número de socios que a formaban alá por 2001, cando a cooperativa se creou. Empezou sendo un reducido grupo de familias que querían mellorar a súa calidade de vida alimentándose mellor. Cando a tenda de produtos ecolóxicos na que mercaban pechou, non quedou alternativa; xuntáronse -eran unhas 25 familias- e como cooperativa comezaron a beneficiarse das vantaxes desa unión. Aquilo foise facendo máis e máis grande e tras unha década xa son case 300 as familias socias desta Cooperativa de Consumo viguesa. Pero Árbore é moito máis. [...]

