Árbore financia inversión a través dunha entidade solidaria, AIS O Peto

Vimos de ser apoiados durante o último trimestre por AIS O Peto na financiación de diversas inversións que fixemos. Dende Árbore queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a esta asociación polo interese solidario.

AIS "O Peto" é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.

banca ética

 

proxecto fiare galiza