Aniversario da Asociación O Peto

A fin de semana do 30 e 31 de xaneiro imos celebrar que levamos 10 anos de Asociación O Peto.
Por este motivo queremos convidarvos a que participedes todos e todas nas distintas actividades que temos programadas.

         O venres 30 de xaneiro teremos unha charla de Arcadi Oliveres (Outras crises e outras formas de saír delas) ás 20:30.

          O sábado 31 de xaneiro comezaremos coa Asemblea da asociación ás 17 horas.
Contaremos coa presenza de Peru Sasia, de FIARE, que quere celebrar connosco estes dez anos.
Despois poderemos ver o documental sobre Arcadi Oliveres "Nunca é tan escuro" ás 19 horas.
Varios proxectos apoiados polo Peto durante estes dez anos estarán connosco para que os coñezamos, vexamos como lles vai...
E a partir das 21 horas teremos unha gran festa con música en directo, algo para picar, tempo para falar...

       Todas as actividades terán lugar no colexio La Salle de Santiago (entrando polo patio).

Animádevos a vir, ben a todo ou ben nalgúns momentos.

Celebramos dez anos de proxecto!!

Gustaríanos moito contar coa vosa presenza e que lle deades a maior difusión posible.

 

proxecto fiare galiza