No mes de xuño, Árbore comezará a facer análises químicas independentes dos produtos presentes na cooperativa. Cada quince días unha socia poderá seleccionar un produto para facerlle unha analítica dos 120 químicos de síntese máis habituais na agricultura convencional. A analítica resultante será exposta no taboleiro da cooperativa. Dende Árbore queremos garantir a calidade orgánica dos produtos da cooperativa. Se queres participar só tes que comentalo na cooperativa.
* Os tempos de análise varían dunha época a outra, no vrao o tempo de resposta das analíticas pode chegar a dous meses.
As análisis levaralas acabo o laboratorio agrario e fitopatolóxico de Galiza
- Ctra. Betanzos-Santiago Km 8 - 15318 San Tirso de Mabegondo (Abegondo) - A Coruña
- tlf: 981 67 35 00
- fax: 981 66 94 01
Presentación do laboratorio |
O Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (LAFG) forma parte da Subdirección Xeral de Investigación Agraria e Forestal na Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia. Procede do antigo Laboratorio Agrario Regional, en Guísamo, que foi transferido parcialmente á Xunta de Galicia en 1985, completándose a súa transferencia en 1995, ao incorporarse o Laboratorio Agroalimentario que permanecía dependendo da Administración do Estado. Misión e funcións do laboratorio O Laboratorio Agrario está capacitado para facer máis de 350 determinacións analíticas diferentes, moitas delas só se fan neste centro en toda Galiza. No pasado ano, o LAFG analizou 10.000 mostras, facendo 80.000 determinacións para aproximadamente 2000 clientes. |