Análise do Cumio sobre o cambio climático / 24Feb ás 12h, Facultade Bioloxía, Vigo

[Información enviada por Amigos da Terra]

Análise científica e ecoloxista despois do Cumio do Cambio Climático

 

Amigos da Terra e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo organizan unha mesa redonda para expor diferentes visións sobre o acordo de París. 

O pasado mes de decembro tivo lugar a maior cume mundial contra o cambio climático da década, coñecida como COP 21 ou París 2015. A pesar do entusiasmo co que falaron o acordo final os gobernos e os massmedia, a súa análise non concorda ca visión da comunidade científica e os movementos sociais ambientalistas.

O decano da Facultade de Bioloxía, Jesús M. Míguez, será o encargado de presentar a mesa redonda onde a comunidade científica e os movementos ecoloxistas exporán a sua visión sobre o acordo de París.

Xavier Labandeira, departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e membro do Grupo Intergubernamental sobre o Cambio Climático (IPCC). Aportará a valoración se fai a nivel científico do acordo de París tras a súa aprobación.

Antón Lois, activista de Amigos da Terra. Achegará a visión dos movementos ecoloxistas así como as evidencias que existen do cambio climático non só a nivel global, especialmente visibles nos países máis empobrecidos se non a nivel local, en Galicia.

Bran López Luengo, activista de Amigos da Terra. Compartirá a sua experiencia na COP21 como foi a súa participación nas distintas actividades que se levaron a cabo xunto a outros varios de miles dun enorme e variado crisol de movementos sociais, en mobilizacións e accións de rúa que deron voz á xente de todo o mundo.

Finalmente, entre todas as persoas asistentes abrirase un debate sobre os resultados do cumio e as alternativas posibles que pode impulsar a cidadanía.

Cumio Cambio Climático. Análise científica e ecoloxista despois da COP

 

Mércores 24 de febreiro, 12:00 h
Salón de Graos (Pabellón 2, 3º Andar)
   Facultade de Bioloxía de Vigo

 

 

proxecto fiare galiza