Ampliación Prazo do proceso de Autofinanciación, Xuntanza informativa martes 7, 18:30-20:30h

En pouco máis de un mes Árbore xa estará situada en López Mora, 30. Todavía queda moito traballo pero cada día avanzamos un anaquiño máis. Tamén seguimos de vargar coa campaña de recollida de avais mancomunados e ampliación de capital social voluntario. Estos son os novos tempos e a situación actual:

 

 

Ampliación de capital social voluntario

Ampliación de prazo ata o 30 de Abril

 

Obxectivo 5000 euros. Temos CONSEGUIDO 2808,00 coa colaboración de 10 socias

 

Avais mancomunados para o crédito de Coop57

Ampliación de prazo ata o 17 de Abril

 

Se queremos solicitar un crédito de 15.000,00 debemos avalar a mesma cantidade de xeito mancomunado (cada persoa responde pola cantidade que avalou). CONSEGUIMOS 8000,00 euros en avais, asinados por 10 socias.

 

Precisamos de un empurrón máis para chegar ao obxectivo marcado! Para solventar dúbidas ou mesmo realizar o aval ou a ampliación de capital nese momento convocamos unha xuntanza o martes día 7 dende as 18:30 ata peche no local de Arquitecto Pérez Bellas.


Para máis información, preme aquí: http://arbore.org/novo-local-da-cooperativa-0

 

Saúdos,

O Consello Reitor

 

 

 

proxecto fiare galiza