Achegámosvos o enlace ao artigo do diario.es, para achegarnos a un problema real e moi preocupante.
Con todalas diferenzas que se podan dar entre a realidade dos Estados Unidos e a nosa, cabería pensar cal pode ser a cantidade de alimentos que acaban no lixo no noso en torno e as súas consecuencias. Tamén teríamos que pensar en cantas ocasións distintas organizacións teñen denunciado esta (e outras) situación sen recibir a máis mínima atención nin consideración á hora de desenrolar as políticas públicas de xeración e tratamento de residuos. Desafortunadamente o que ven sendo denunciado dende o sentido común, acaba recoñecéndose como certo, pero tarde, claro, sempre tarde.
Un saúdo e desculpade o rollo :)