Afundimento do Prestige

En Arbore entendemos o afundemento do Prestige non como un feito aislado, se non como a inevitable consecuencia dun modelo de desenrolo insostible. O cambio climático, a paulatina desertización do planeta, a chuiva ácida, a perda de biodiversidade... as mares negras, son o resultado dunhas políticas non respetuosas co medio ambente, e por ende, coas persoas. O sistema capitalista guiado polos intereses dos grandes mercaderes, non escatima en producir explotación do medio ambente, das persoas e dos animais co fin de lograr o máximo beneficio económico a curto prazo. Creemos que os noso hábitos de consumo teñen moito que ver con este tipo de desenrolo...

O CONSUMO RESPONSABLE

O sistema económico actual, que é a base que configura o modelo social, fundamentase sobre a espiral de producción e consumo. Así o consumo é unha peza crave que posibilita que “ as cousa se fagan como se fan”. É a enerxia que move a máquina económica. Cando mercamos calquera ben, ademais de satisfacer unha necesidade ou un desexo, colaboramos económicamente cos procesos que o fixeron posible. O consumo é o enlace que nos vincula directamente a todol@s cidadans e cidadas co modelo social no que vivimos, ainda que habitualmente non sexamos conscientes delo. 
Cada empresa productora leva a cabo as suas actividades dun xeito u outro, de acordo coa sua personalidade. Para escoller as distintas opcións de consumo (marcas), acostumbramos a guiarnos polo prezo, a calidade ou a apariencia. Tamen podemos ter en conta outra cousa: o caracter da empresa propietaria. ¿De onde é?, ¿onde fabricanse os seus productos?, ¿como interacciona co medio ambente?, ¿e coa sociedade?. O feito de incorporar esta información os criterios que usamos para escoller entre as distintas opcións é o que se chama “consumo responsable”, “consumo crítico” ou tamen “consumo ético”.
Se temos unhas ideas propias sobre como nos gusta que sexa o modelo social, e se queremos que os nosos actos sexan conscientes coas nosas ideas, deberemos ter en conta a personalidade das distintas empresas para escoller con cales colaboramos. Se non o facemos, podemos estar dando apoio a actividades que parecennos negativas. Así, o consumo responsable é útil a nivel persoal, porque axudanos a ser máis coherentes con nos mesmos.
Tamen ten un gran valor a nivel social dado que, hoxe en día, as empresas as cuais máis mercamos son as que teñen unha maior influencia na sociedade. Se consumimos de xeito crítico, e sobre todo se o facemos colectivamente, estas empresas máis influyentes serán as máis próximas o criterio da poboación. De feito, se temos presente que as decisións políticas soen estar moi ligadas os intereses empresariais, podemos pensar que posiblemente influimos máis na sociedade cando imos a mercar que cando imos a votar.

O COMERCIO LOCAL E O DESENROLO SOSTIBLE

“Gran parte da extracción do petroleo é emplexada como combustible para transporte de mercancias.”
O mercado cada vez esta en menos mans, sendo unhas poucas multinacionais as que controlan a maioria deste. A maioria dos productos que atopamos nas tendas pertenecen a estas multinacionais. Na busca da maximización de beneficios e gracias as cada vez mellores infraestructuras de comunicación, estas empresas estan migrando a paises que ofrecen unha man de obra barata asi como ventaxas fiscais.
Os paises que queiran atraer a producción global deben ofrecer unhas condicións laborais e medioambientais cada vez máis pobres, porque estas son xustamente as ventaxes que motivan a migración da producción, o cual orixina unha espiral de pobreza.   
Deste xeito a elaboración dos productos faise a gran distancia do lugar onde vanse comercializar o que orixina un tremendo gasto de combustible para o seu transporte. Ademais os criterios de producción soen ser pouco ou nada respetuosos co medio ambente. 
Frente a este modelo económico globalizador, a producción e comercialización local representa un modelo máis respetuoso co medio ambente e as persoas. O achegar o lugar de producción, o lugar de comercialización, reducese moito o consumo de combustible. Tamen evitase a proliferación de infrasestructuras de comunicación que poden ocasionar un impacto sobre a paisaxe ou sobre os ecosistemas. Outra ventaxa é a maior facilidade para o consumidor de ter un coñecemento sobre os xeitos de producción asi como sobre as condicións laborais, debido a súa maior proximidade.
Deste xeito entendemos o consumo responsable como unha ferramenta de transformación social cara un modelo de desenrolo sostible en base o respeto as persoas, o medio ambente e os animais. Dende esta óptica, Árbore é outra desas illas onde persoas traballan por un futuro mellor, escapando da pantasma dun tempo gobernado polo capital.

 

proxecto fiare galiza