Actividades infantís no local social

Actividades para crianzas

 

 

Moi boas a todas,

 

Este mes xurdiron propostas para os máis cativos, con dúas actividades lúdicas e ao tempo educativas para este "abril infantil" en Árbore

 

 

Contacontos "sementeiro" o sábado 13
 
A nosa compañeira Mar DaPena trae para as pequenas "Eu son  unha  árbore" e "O pirata  Moitabarba". Dúas historias diferentes, cunha temática en común : a importancia do coidado das nosas árbores.

Logo do contacontos as nenas farán un pequeno experimento:  acompañadas por adultos, visitarán a tenda para escoller elas mesmas sementes, que plantarán en estuches de ovos reciclados, para logo observar a súa xerminación  en casa.

Comeza ás 11:00 e dura aproximadamente unha hora.
A actividade está pensada para rapazas a partir de tres anos.
Para a inscrición ou info, enviade un correo a
comisionsocial@arbore.org
É unha actividade aberta e totalmente gratuíta, así que podedes convidar tamén a nenas non socias, a compartir uns intres de lecer constructivo :)
 
Obradoiro de xogo & aprendizaxe en familia
 
Enma é unha grande profesional que a través do seu proxecto Comopecesenelagua, leva anos creando experiencias moi especiais con materiais orgánicos.

En Árbore xa colaboramos noutras ocasións con ela, sempre con mo iboa acollida. Así que repetimos e convidámosvos a, coma el mesma o describe:


 
"Un espazo marabilloso para conectar cunha mesma mesmo e coas túas fillas a través do xogo libre, con respeto pero sen xuizos críticos, necesidade de aprobación externa...para desfrutar do entusiasmo, de ser, da liberdade, e de estar"

 

 

proxecto fiare galiza