A través do marco da programación da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2016. A Federación de cooperativas SINERXIA e a Unión de Cooperativas de Ensino UCETAG, teñen abertas diversas accións formativas para o mes de setembro.
O prazo de inscrición xa está aberto, e agradecemos toda a difusión e publicidade que se lle poida dar.
A formación que realizará a Federación de Cooperativas SINERXIA, son TALLERES DE DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO EN SECTORES POTENCIAIS, destinada a persoas vinculadas académica ou profesionalmente co sector obxecto do taller, que queiran explorar novos métodos empresariais para emprender dende o inicio dun proxecto ou ben para cooperar e colaborar con outros profesionais do sector.
A formación que realizará a Unión de cooperativas de Ensino UCETAG, é un curso de CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO – UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO, destinado a persoas que queiran un emprego no ámbito da educación, regrada ou non regrada, e / ou que estean pensando na posibilidade de emprender e queiran coñecer cómo facelo baixo a fórmula da cooperativa de ensino.
A participación nestas actividades é gratuíta, presencial e con posibilidade de certificación.
En concreto levaranse adiante as seguintes accións :
TALLERES DE DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO, NO SECTOR MEDIOAMBIENTAL.
CONCELLO DE MOS
Días : 13,14,15,16 de setembro
Horario : 09:00h-14:00h
Lugar : AXENCIA DE COLOCACIÓN DE MOS (CDL ) Avenida Peinador 39 - Tameiga . 36416 Mos
Inscricións : https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeQh05BI1yZTMJtjo-0u58VJe2oIDCjvRAC7dvo3P9eEKTQYA/viewform
TALLERES DE DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO, NO SECTOR CULTURAL.
PONTEVEDRA - PONT UP STORE
Espazo de emprendemento : http://pontupstore.com/2016/gl/programa
Días : 19,20,21,22,23 de setembro
Horario : 16:30h-20:30h
Lugar : DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA – Edificio Admon: Avda. Montero Ríos ( Baixo do edificio-Sala de Xuntas )
Inscrición : https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSej3QPyCRLQxAVsEjohBuwhTejYAb08eQ5ylq_J4xUHUkLg0A/viewform
TALLERES DE DINAMIZACIÓN DO COOPERATIVISMO , NO SECTOR AGROECOLÓXICO
MOAÑA
DÍAS : 26,27,28,29 de setembro
HORARIO : 09:00H-14:00H
LUGAR : Patronato Municipal Beiramar - Lugar A Carrasqueira s/n Tirán - Moaña
Inscricións : https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd7O04QXCLlUVxn8xKffgC2sm93kmuhLVbSmyiPDMgz_BgUrg/viewform
CREACIÓN DE COOPERATIVAS DE ENSINO – UNHA ALTERNATIVA DE EMPREGO
VIGO
Días:19,20,21,22 de setembro
Horario: De 9:00 a 14:00 Horas
Lugar: Cámara de Comercio de Vigo, R/ República Arxentina 18 - 36201 Vigo
Inscricións :https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdzKMskI4osd8Urb3AE84OQJjHKt9zOy87Tm_FhORTojKFspw/viewform