Actividade de Páscoa ASC As da Industria

[Información enviada pola organización]

Mañá xoves 5 de abril celebraremos a actividade de Páscoa que foi adiada polo temporal.

As nenas e nenos do barrio estades convidadas a pintar os ovos cocidos, escondelos, buscalos... e teremos un xogo máis sobre o que aínda non podemos dar moitas máis pistas. Agardámosvos ás 17:30 no Paseo Joaquín García Picher!

Animámosvos a traer algunha rosca caseira ou algún outro doce para compartir a merenda, aos que vos apeteza.

Lembrade que as nenas/os deben estar acompañadas/os sempre dun adulto.

 

proxecto fiare galiza