Acción urxente da campaña Roupa Limpa

Tralo tráxico incendio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica en chamas na que traballaban. Estaban a terminar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.
Por favor, únete ao chamamento internacional para reclamar xustiza para as vítimas e a adopción de medidas inmediatas para previr traxedias como esta en o futuro. Dirixe a túa carta ao Goberno de Bangladesh, ás empresas internacionais e ao dono da fábrica. Bangladesh detenta o macabro cómputo de 230 mortes por traxedias similares desde o ano 2000.

Se queres máis informacion ou asinar a carta ó goberno de Bangladesh entra na páxina da CAMPAÑA ROUPA LIMPA.

www.ropalimpia.org

 

proxecto fiare galiza