Acción Internacional contra o TTIP

[Información enviada por ECOAR]


Non ao TTIP, CETA, TPP e TISA!

Non á ditadura do capital!

 

​​

Chamamento do Día de Acción Global:

"Comercio en beneficio das persoas, non das multinacionais"

Nós, as organizacións sociais, sindicais, campesiñas e activistas de base de ambas as beiras do Atlántico, opoñémonos ao TTIP, CETA, TPP e TiSA. Estes tratados comerciais conculcan a democracia e a soberanía dos pobos, ameazan os servizos públicos, os dereitos sociais e laborais, a protección ambiental, poñen en perigo a agricultura sostíbel e a soberanía alimentar, eliminan garantías e controis farmaceúticos, supoñen un atranco para a indispensábel transición enerxética e van na liña de continuar a nos impor un modelo de sociedade ao servizo dos intereses do capital e da explotación da maioría social.  Xs únicxs beneficiarixs destes acordos son as grandes empresas transnacionais e o capital financeiro e bancario.

En América do Norte, América Latina e o Pacífico a xente estase organizando para poñer fin ao asalto do imperialismo corporativo, que se agrava en gran medida polo Tratado Transpacífico (TPP) e outros tratados “comerciais” como o TTIP, o CETA e o TISA. O TPP está moi preto de pecharse e está sendo fortemente impulsado polas grandes multinacionais e xefes de Estado como Barack Obama. En xuño de 2015 Barack Obama apoiouse na maioría republicana do Senado e a Cámara de Representantes para aprobar o Fast Track ou vía rápida, que permite discutir e aprobar tratados xigantescos como o TPP, o TTIP e o TISA no Congreso (sen emendas, obstrucións e cun tempo limitado para o debate) tras anos de negociación secreta. Obama asinou rapidamente esta lei antidemocrática e agora está presionando para pechar o primeiro dos tres tratados, o TPP.

Do 10 ao 17 de outubro unámonos ás marchas e ás manifestacións masivas, e organicemos accións locais por toda Europa e América do Norte. Non ao TTIP, CETA, TPP e TiSA! Non á ditadura do capital!

 

Loitamos pola igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real.

 

Únete a nós!!!

​  Máis ​

Información

​ sobre o evento                                                                        

https://www.facebook.com/events/1689155374655395/

https://www.trade4people.org/

 

 Máis infromación sobre o TTIP                                                                        

 

Páxinas:

http://ecoarglobal.org/ttip/

http://nonaottip.96.lt

 

Vídeos:

Que é o TTIP?

Que é o CETA?

 

 Podes seguirnos en:

http://ecoarglobal.org/

https://www.facebook.com/ECOAR-Global-538524532954456/timeline/

https://www.youtube.com/channel/UCpxyb5OvGV8p7gHVqW0cjow

 

proxecto fiare galiza