" lang="" --> Novas | Arbore, cooperativa de consumo de Productos Ecologicos de Vigo


Novas

Relacionanse un pesticida "orgánico" coa enfermidade do parkinson

Un investigador galego demostra a relación entre os pesticidas e o parkinson.

Nace a asociación galega de Horticultura Urbana

Este luns, 7 de decembro terá lugar a constitución da Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Asociacion Galega de Horticultura Urbana

Será ás 16:30 no local que a Federación Ecoloxista Galega ten en Santiago de Compostela (Rúa Quiroga Palacios, 8, baixo).

Firma contra o arroz transxénico

Dende GREENPEACE alertan que quedan 7 días para que a Unión Europea decida sobre a autorización do Arroz transxénico.

Son precisas moitas firmas para convencer ás autoridades europeas que a cidadanía debe ser escoitada por encima dos intereses das grandes multinacionais como Bayer.  O teu podes colaborar: infórmache, firma, e difunde a campaña!

Arroz transxénico: a nova ameaza

Algas con selo ecolóxico

A Unión Europea prepara a certificación ecolóxica das algas para o ano que ven.
Esta vella demanda da empresa galega ALGAMAR concretarase en breve e permitirá un control que de garantías ás consumidoras sobre a ausencia de metais pesados e restos de hidrocarburos nas algas.

As algas de ALGAMAR serán as primeiras algas de Europa en recibir esta certificación.

10 anos de Amarante

O día 3 de outubro, AMARANTE celebra o seu decimo aniversario.

Non se ten a posibilidade de celebrar o decimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, moitas cousas teñen mudado neste tempo que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidiar co fin de ser efectivo na nosa Misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos.

Electricidade limpa no estado español

Trala liberalización do sector electrico no estado español, xurdirón alternativas interesantes aos vergoñentos Endesa, Ibertrola ou Unión Penosa. Gesternova sitúase como a primeira empresa electrica que suministra únicamente electricidade limpa, 100% renovable. O problema que teñen por ágora para poder suministrar eles diretamente é a potencia mínima de suministro, que fai inaccesible súa enerxía a case tódolos fogares medios, posto que o suministro mínimo é de 10 Kwh. Isto fai que seus clientes sexan principalmente empresas de tamaño medio.

Arranca a coopertiva de consumo agroecolóxico Zocaminhoca na Coruña

Parabéns dende Árbore para as nosas amigas de Zocaminhoca.
Non estades soas no camiño. Xuntas contra o capital, xuntas por outro mundo necesario e posible.


Nace en Coruña a cooperativa de consumo consciente Zocaminhoca


Momento do acto constituinte

Para máis información: www.zocaminhoca.org

Unha cesta da compra máis xusta e saudable

Nova aparecida o domingo con respecto aos proxectos galegos de consumo consciente:

Crean unha relación máis xusta entre produtor e consumidor, promoven os alimentos ecolóxicos máis respectuosos co ambiente e beneficiosos para a saúde, e favorecen os pequenos produtores da contorna. Son as cooperativas e asociacións de consumo responsable, unha outra forma de facer a cesta da compra dun xeito máis solidario [...]

Leer todo o artigo