26/04 CHARLA E PRACTICA DE PSICOTERAPIA RESPIRATORIA CON CARLOS VELASCO

Comunicámosche que o mércores 26/04 ás 19:00 h, temos a sorte de contar con Carlos Velasco Montes na nosa cooperativa. Explicaranos en qué consiste a Psicoterapia Respiratoria e faremos varios exercicios prácticos guiados por el para coñecer o funcionamento da nosa respiración

 

Carlos Velasco Montes é un psicólogo, psicoterapeuta e naturópata de Madrid, que leva traballando máis de 35 anos nunha técnica propia: a Psicoterapia Respiratoria

A Psicoterapia Respiratoria é un método que permite facer un diagnóstico rápido e profundo sobre como respira a persoa e aplicar o tratamento axeitado para lograr unha respiración completa, longa, ampla, harmoniosa e pracenteira. Logrando con isto unha mellor saúde física, psicolóxica e emocional. A toma de conciencia de “cómo respiramos” mediante técnicas específicas, devolverán á persoa a respiración natural e correcta. Trátase de reducir e eliminar as “corazas” que bloquean a respiración, compostas de conflitos psicoemocionais e bloqueos físicos e enerxéticos.

 

Podes informarte máis sobre este tema na súa web http://psicoterapia-respiratoria.es/

E tamén consultar un vídeo sobre Psicoterapia Respiratoria, no que ver en profundidade o seu traballo  https://www.youtube.com/watch?v=IyBf0Rn1ATE 


Agardamos contar contigo nesta actividade na nosa cooperativa. Lembra que sen a asistencia das socias este traballo non ten sentido!

 

Unha aperta

 

 

A Comisión Social

 

proxecto fiare galiza